Lugar de atención: Casa do Concello, planta baixa.(Praza de Galicia 1)
Horario: de 8:30 a 13:00 horas
Taxa de certificado literal: 6,45 €
Taxa de Certificado descriptivo y gráfico: 6,95 €
Servizos que se prestan: consulta de datos catastrais non protexidos; certificación do valor de referencia e certificación da referencia catastral, consulta e certificación de datos catastrais protexidos polo titular catastral, representante ou autorizado; certificación negativa; consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC; notificación de acordos catastrais; consulta e certificación de datos catastrais protexidos por titulares catastrais colindantes, titulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería e herdeiros.