Igualdad

Imagen introducción igualdad
Hay contrastes sociales que tenemos que combatir. Uno de ellos es lo que afecta a más de la mitad de la población, las mujeres. Llevamos mucho andado, pero la lacra del machismo es tan profunda que sin duda tardaremos años en liberarnos de las terribles sombras de su influencia. Aquí remamos en favor de las mujeres como en favor de las personas que sufren cualquier otro tipo de discriminación o están vulnerabilizadas por los elementos más retrógrados de la sociedad.

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapa Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapa Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Noticias

Atrás O Concello organiza un novo obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina, nesta ocasión para maiores de 60 anos

Mañá martes abre o prazo de inscrición para participar nun novo obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina, nesta ocasión dirixido para maiores de 60 anos. Esta actividade do programa municipal Coñecerse é vivirse será impartida pola doutora Carol Strate Pezdirc. 

A través deste obradoiro búscase favorecer o desenvolvemento de ferramentas e coñecementos, co fin de fomentar un estilo de vida positivo e saudable. Para isto, daranse a coñecer os principais aspectos médicos para o coidado da saúde feminina durante a menopausa e post-menopausa e os cambios a nivel físico que se producen coa chegada desta, proporcionando ferramentas para tratar estes cambios.  Ao tempo, reflexionarase sobre os imaxinarios sociais e culturais arredor dos corpos das mulleres nestas etapas, desmentindo os mitos, tabús e connotacións negativas que adoitan darse.

Todo isto, coa finalidade de enriquecer as miradas cara a esta etapa e comprender a importancia de tomar as rendas da propia saúde. Ademais, darase resposta ás inquietudes das participantes, reflexionando sobre as súas vivencias e ofrecendo información que sirva como base para a toma de decisións desde a autonomía e o coñecemento.

Este obradoiro está dirixido a mulleres a partir dos 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros, e realizarase no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (rúa Regos 24, Urbanización Os Regos) o 25 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 h.  O número de prazas é limitado e, para participar, é necesario realizar a inscrición previa a través da páxina web do Concello, no apartado Participa, na categoría de Actividades Sociais, desde o martes 18 ao venres 21 de febreiro.

Coñecerse é vivirse é un programa no que se desenvolven distintas actividades dirixidas a mulleres, e que ten como finalidade aumentar o auto coñecemento arredor do propio corpo. En anteriores edicións do Coñecerse é vivirse, traballouse arredor da menopausa, a sexualidade e o coidado do chan pelviano.

Para obter máis información é posible chamar ao 981 610 000 – extensión 3503 ou enviar un correo a igualdade@oleiros.org. 

back link