En Oleiros pódese camiñar entre todos os núcleos de xeito seguro, con sendas, beirarrúas ou beiravías. Un esforzo realizado ao longo dos anos para ampliar o espazo público de camiños e estradas tradicionais.

Nas últimas décadas creáronse ducias de quilómetros lineais de espazos seguros para peóns, políticas estratéxicas de crecemento urbano que impulsamos sen descanso e seguimos promovendo para encher de valor ambiental o territorio e facilitar unha mobilidade activa e sustentable.