La senda Naval-Canide
- Las grandes vías
- Proyectos de futuro
- Otras infraestructuras
- A pie
- En bici o vmp
- Transporte público
- Coche particular
- Otros medios
- Infantil
- Mayores
- Seguridad viaria
- Accesibilidad universal
- Ocio y actividad física
-
Acciones singulares
- El pavimento de Mera
- La senda peatonal del pazo de Arillo
- A senda do Rego de San Pedro
- El espacio de coexistencia de Espiñeiro
- La senda Naval-Canide
- El paseo interior de la ría
- La conexión de Perillo con la ría
- A pie o en bici por el Monumento Natural
- Las áreas 30
- La velocidad en la Av. das Mariñas (N6)
- Las sendas Azules
Completar ese treito supón dar continuidade a toda a senda litoral do municipio, que será practicable de norte a sur ata prácticamente conectar, a través do paseo marítimo do Graxal (en Cambre) e unhas cantas rúas, coa senda do Rego de San Pedro.
O percorrido entre Naval e Canide consta de 2,5 km, que costarán case 3 millóns de euros. Desde a praia de Naval, diríxese á punta de Boi de Canto e tras pasar por Breixo e a praia das Margaridas chega ao bosque de Canide, onde conectará cos paseos desa urbanización e en xeral coa rede de paseos marítimos de Mera.
Unha senda que pasa por lugares como a Fonte da Pichoca, na mesma praia de Naval, Boi de Canto, a península da Estripia, A Barrosa, a praia dos Lagos, a illa do Castelo Pequeno, a praia das Margaridas e o Castelo Grande, para achegarse a Canide desde a zona de Coidelos.
Este treito de Dorneda, paralelo á rúa do Mar, constará dunha anchura duns 6 metros, suficiente para trazar un paseo ciclopeonil accesible capaz de convertirse nun itinerario costeiro alternativo ás vías interiores.