La senda peatonal del pazo de Arillo
- Las grandes vías
- Proyectos de futuro
- Otras infraestructuras
- A pie
- En bici o vmp
- Transporte público
- Coche particular
- Otros medios
- Infantil
- Mayores
- Seguridad viaria
- Accesibilidad universal
- Ocio y actividad física
-
Acciones singulares
- El pavimento de Mera
- La senda peatonal del pazo de Arillo
- A senda do Rego de San Pedro
- El espacio de coexistencia de Espiñeiro
- La senda Naval-Canide
- El paseo interior de la ría
- La conexión de Perillo con la ría
- A pie o en bici por el Monumento Natural
- Las áreas 30
- La velocidad en la Av. das Mariñas (N6)
- Las sendas Azules
A solución urbanística e arquitectónica é un notable exemplo de como poden facerse as cousas con agarimo e sensibilidade.
O reto era facer permeable un treito da Avenida da República Arxentina (AC173) moi próximo á urbanización Rialta e do principal eixo parroquial de Dorneda. Se ben na beira esquerda existe unha beirarrúa, na dereita o muro da histórica finca está literalmente pegado á calzada, facendo imposible a circulación peonil e ciclista.
A solución foi negociar coa propiedade para realizar un dobre muro, deixando a parte histórica como estaba, construíndo un muro tres metros dentro do predio e deixando como espazo público este corredor que ademais benefíciase da sombra e o agarimo e o arume das súas grandes árbores.
Camelios, magnolios, palmeiras e castaños ofrecen toda a súa xenerosa acollida ás persoas que camiñan, que dispoñen tamén dun pequeno espazo de relax, con bancos para o descanso.
Este pequeno treito que respecta as venerables pedras dunha herdanza fidalga supón a continuidade do eixo ciclopeonil que une Santa Cruz, Arillo e Mera en paralelo á estrada AC-173.