En xeral, as condicións de accesibilidade universal no espazo público son aceptables, se ben este é un capítulo que sempre presenta posibilidades de mellora.
A enorme cantidade de espazos e recunchos públicos que existen nunha rede viária tan extensa e ambiciosa en canto á mobilidade peonil fai que quizaves algúns lugares non presenten óptimas condicións de accesibilidade. Mantemos os ollos ben abertos para conseguir uns mínimos de calidade, e todas as obras que se realizan inclúen, como non podía ser doutro xeito, os estándares máis avanzados.
A mobilidade virtual é outra área na que traballamos, na procura de fórmulas que axuden a mitigar a fenda dixital.