A gran maioría do viario de Oleiros é apto para a bicicleta, se ben nalgúns treitos de vías importantes creáronse carrís bici pensando naquelas persoas que recelan, por razóns de seguridade, de compartir as vías cos automóbiles, aínda que legalmente teñen todo o dereito a facelo. Eses carrís bici conforman unha rede complementaria ás vías ordinarias.
Tamén existen os itinerarios alternativos, espazos especialmente indicados para a mobilidade peonil e ciclista. Son parques importantes que teñen unha rede de sendas apropiada para circular sen motor.
Considérase que a bici, os vehículos de mobilidade persoal e o camiñar son medios de traslado que deben fomentarse para lograr un medio máis harmónico e unha mobilidade máis saudable cada día.