A prevención dos hábitos de saúde entre as crianzas é o que se buscará nas accións encamiñadas a promover unha mobilidade máis saudable no acceso ás escolas. En xeral consiste en conseguir que o alumnado chegue ao centro educativo, camiñando ou en bici, ben desde a casa, ben desde o lugar onde baixen do coche ou autobús. 

É o modo de mitigar o “síndrome do asento de atrás” que afecta a moitas criaturas. O interesante é que cheguen ao cole polos seus propios medios, charlando entre elas e eles, máis despertos e en contacto coa contorna, fóra da cápsula motorizada.


Estas accións levaránse a cabo a través de procesos participativos coa comunidade escolar e de xeito experimental nun centro educativo para ir testando o tipo de mobilidade escolar que mellor se adapta a cada situación.