En xeral, o espazo público de Oleiros está ben adaptado para a mobilidade natural a calquera idade da vida, se ben é importante promover a integración ao máximo das persoas maiores en todos os ámbitos.
Plantexarémonos realizar accións para minimizar no posible as fendas que separan á xente maior dunha mobilidade plena tanto a nivel físico como virtual. Detectar as posibilidades de mellora será motivo dun traballo conxunto con varios departamentos municipais, especialmente coa área de Servizos Sociais.
Medidas públicas para favorecer os traslados a puntos de interés como centros de saúde, socioculturais, administrativos, etc… ademáis de maneiras de loitar contra a fenda dixital favorecendo a súa relación coa vida virtual, alomenos ao nivel do que resulte imprescindible.