Otras infraestructuras

As infraestruturas da mobilidade motorizada son máis voluminosas, pero de igual ou maior importancia son as relacionadas co camiñar, a bici ou os vehículos de mobilidade persoal.

A acción política das últimas décadas deu como resultado unha impresionante infraestrutura peonil, unha rede que seguramente ofrece as ratios máis altas por habitante, entre as beirarrúas, beiravías e sendas de conexión urbana, ademais dos paseos interiores dos parques que facilitan tamén a mobilidade peonil.

Outro tipo de infraestrutura peonil é tamén xenerosa: centos de bancos esparexidos por todo o territorio, fontes de beber, iluminación pública, sinalización e outro tipo de mobiliario pensado para utilizar o espazo público para desprazarnos con seguridade e comodidade.

Construíronse ademais algúns carrís bici pensando naquelas persoas que non queren utilizar as vías ordinarias para eses vehículos de dúas rodas.

O que se fai é importante, pero tamén o que se frea para non deteriorar o medio natural. Foi o caso da pasarela peonil que a Xunta quería construír entre As Xubias e Santa Cristina, para revalorizar as vivendas que se edificarán nese anaco da costa coruñesa até agora tan esquecido polo municipio veciño.