Os datos de seguridade viaria que ofrece o concello son moi favorables en canto a sinistralidade, tal como recollen as estatísticas dos corpos de seguridade. As razóns destes datos positivos residen sobre todo no estado óptimo da importante infraestrutura viaria existente no municipio, o gran desenvolvemento de espazos peonís durante as últimas décadas, os elevados índices de espazo público por habitante, a existencia de itinerarios alternativos para camiñar ou ir en bici e o relativamente escaso costume de camiñar, especialmente por zonas altamente motorizadas.
Con todo, é un reto a creación de maior sensación de seguridade viaria nalgunhas zonas ou vías, especialmente naquelas de escaso uso motorizado e convivencia peonil.
Así mesmo o Concello cooperará coas comunidades veciñais e xestionará ante o resto das institucións propietarias de vías públicas (Deputación, Xunta e Estado) a adopción de medidas de seguridade viaria imprescindibles para garantir una maior calidade de vida nas contornas atravesadas por vías ou estradas dependentes desas institucións.