Enlaces de interés
Enlaces
Dicionario da Real Academia Galega
Inclúe a versión do dicionario da Real Academia Galega (1ª edición, A Coruña: RAG, Novembro 1997), o dicionario de Pedagoxía (1997) e outros recursos achegados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística |
Dicionario de galego de Ir Indo
O primeiro dicionario galego en liña inclúe etimoloxías; equivalencias en portugués, castelán, inglés e aleman; sinónimos, antónimos e variantes; conxugación de verbos; a posibilidade de buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés e alemán e mesmo permite o acceso dende o móbil a través de wap.digalego.com |
Google tradutor
Google dispón dun servizo de tradución gratuíto que ofrece, de forma instantánea, traducións a 57 idiomas distintos. Con este sistema pódense traducir palabras, frases e páxinas en calquera combinación de idiomas compatibles. |
Loia
Loia é un proxecto do Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Ofrece unha selección de recursos, en rede e bibliográficos, a través dos cales cada un pode seguir internándose no coñecemento do galego. |
Lucy KWIK Translator
Tradutor da empresa Lucy Software and Services GmbH, especializada en tecnoloxía e servizos de tradución. |
Modelos de documentos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela
Compendio dos documentos administrativos máis utilizados na Universidade. De cada un ofrécese un documento modelo comentado en formato PDF para que sirva de guía útil para a creación de documentos administrativos modernos, áxiles e efectivos. |
Obradoiros terminolóxicos da Universidade da Coruña
Listaxe de vocabularios publicados no desenvolvemento da campaña 'Profesionaliza a túa lingua', gañadora da primeira edición do Premio Luísa Villalta da Universidade da Coruña |
Opentrad
Plataforma de tradución automática en código aberto e de uso gratuíto na súa versión básica. Na actualidade ofrece traducións en máis de 20 linguas. |
Opentrad Apertrium
Tradutor elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo que permite a tradución de textos e ficheiros, así como navegar pola web con tradución. |
Repertorio de formas incorrectas de Ir Indo
Listaxe de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos, etc...) que remiten á súa forma correcta, indicada segundo a entrada que se recolle no dicionario de Ir Indo. |
Traducíndote
Programa realizado en PHP para traducir arquivos con formato odt de Openoffice. Emprega o software de traducción Opentrad-Apertium, con licenza GPL, e ofrece a posibilidade de traducir entre as diferentes linguas da península. |
Tradutor da Xunta de Galicia
Sistema de tradución automática de textos e páxinas web da Xunta de Galicia |