Próximo pleno

Dia
Xoves 27 de marzo
Hora
20:00h
Lugar
Casa Charry

ORDE DO DÍA:

1º.- Aprobación, se procede, da acta da sesión plenaria de 25 de febreiro de 2025.

2º.- Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual nº 17 do PXOM e do plan parcial do SUD-1 (Cividáns-Mera).

3º.- Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual nº 15 do PXOM: clasificación como solo urbano das parcelas 5153901NJ5055S e 5153902NH5055S na Rúa arolete nº 2 e Rúa Castromen nº 11, Dexo (Oleiros).

4º.- Aprobación, se procede, da delegación na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso á escala básica do corpo de Policía Local e Auxiliares de Policía.

5º.- Moción do grupo municipal “Mixto”-BNG contra a construción dunha macrocelulosa contaminante da pasteira ALTRI en Galicia.

6º.- Dar conta da liquidación do orzamento do Concello de Oleiros correspondente ó exercicio 2024, aprobada mediante Decreto da Alcaldía nº 2025001032, de 28 de febreiro de 2025.

7º.- Dar conta do informe do resume anual de control interno emitido polo interventor municipal.

8º.- Dar conta dos decretos da alcaldía e dos e das concelleiras delegadas, desde o nº 2025000781 ata o nº 2025001480.

9º.- Mocións, rogos e preguntas.