A violencia de xénero constitúe un grave problema social. Non é unha problemática privada; é un delito público e unha violación dos dereitos humanos. E, como tal, incumbe a toda a sociedade. É unha violencia fondamente enraizada e estrutural, na que o asasinato é a súa expresións máis visible, mais existen moitas outras manifestacións que, ás veces, son invisibilizadas ou tan sequera son percibidas como violencia.
Dende os organismos públicos existe a obriga e o compromiso de facerlle fronte a través de todos os medios posibles. Así, o coñecemento sobre os recursos e servizos especializados existentes dirixidos ás vítimas da violencia de xénero (mulleres, as súas crianzas e persoas dependentes) é clave para o seu apoderamento. Coñecer a existencia de tales recursos é fundamental para saír da situación de violencia e mitigar o impacto negativo que xera sobre quen a sofre.
Os recursos e servizos recollidos atópanse divididos nos seguintes apartados:
- Servizos de información xeral e atención integral
- Servizos de emerxencia e urxencia
- Servizos específicos de asistencia inmediata, acompañamento e seguimento
- Aplicacións (APP’s)