Imagen Programación Cultural Oleiros / febreiro - abril 2025
Programación Cultural Oleiros / febreiro - abril 2025
  • Descripción: Programación Cultural Oleiros / febreiro - abril 2025
Imagen FESTIVAL ELAS SON ARTISTAS. LAS NIETAS DEL CHARLI
FESTIVAL ELAS SON ARTISTAS. LAS NIETAS DEL CHARLI

AUDITORIO A FÁBRICA

Dirección: Rúa do Inglés 13 - Oleiros (CORUÑA, A)  (Ver mapa)

Data: 10/05/2025 - 20.30 horas

As entradas deste evento estarán dispoñibles a partir das 12.00 do 04/05/2025

  • Descripción: O Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas chega ao Concello de Oleiros por oitava edición consecutiva. A muller creadora como protagonista en concertos que deixan grandes sensacións ano tras ano. Elas Son Artistas regresa a Oleiros coa primeira actuación musical do Ciclo Metropolitano pola igualdade na Musica e nas Artes de 2025. O dúo madrileño Las Nietas del Charli serán as protagonistas o sábado 10 de maio no Auditorio da Fábrica . Las Nietas del Charli son as irmás María e Raquel Rubio. O seu último lanzamento é Un hogar, unha emotiva canción que da voz a unha iniciativa enfocada na recuperación da memoria, a resistencia ao modelo neoliberal e o fortalecemento dos lazos comunitarios. O lanzamento chega nun momento clave para o dúo que están consolidando a súa presenza na escena do folk alternativo tras a publicación do seu EP debut Faro. Ao longo do último ano teñen percorrido o país cunha xira que na que colgaron o «entradas agotadas» en numerosas cidades.  
Imagen Testosterona
Testosterona

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Unha é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?...

Testosterona fala da desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

  • Descripción: TEATRO. REDE AGADIC 1º SEMESTRE DE 2025 Malasombra Producións Autoría: Sabina Berman Dirección: Xoque Carbajal Elenco: Camila Bosa e Luis Iglesia Xénero: comedia Duración: 75 min  
  • Fecha del evento: 05/04/2025
  • Lugar de celebración: Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
  • Horario: 20:30 horas