Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.

Atrás APROBACION INICIAL MP17 DO PXOM E DO SUD-1.

O obxectivo do presente documento é dar resposta ás actuais demandas existentes pola poboación do núcleo de urbano de Mera, incorporando no PXOM de Oleiros un aumento da edificabilidade residencial inicialmente prevista, como consecuencia da modificación do réxime de usos previsto no sector SUD-1.

No presente caso, a problemática do sector SUD-1 concrétase na actual ineficiencia económica que supón dedicar das plantas baixas dos edificios de vivenda colectiva (mazás 6 e 7), unicamente a uso comercial, pois a demanda do uso comercial nesta zona é mínima e dificulta a comercialización das parcelas; ao contrario que sucede co uso residencial, xa que todo o Concello atópase moi tensionado pola elevada demanda de vivenda que están a sufrir as grandes áreas urbanas.

Por iso, preténdese modificar o Plan Parcial no referente ao réxime de usos previsto no sector SUD-1, priorizando a execución de vivenda en detrimento do uso comercial inicialmente previsto (nas plantas baixas das vivendas de uso colectivo), mantendo a edificabilidade total do sector. Con isto, auméntase o número máximo de vivendas dando resposta á elevada demanda de vivenda existente, polo que resulta necesario xustificar o cumprimento dos estándares legais establecidos para as reservas de dotacións públicas. Isto, leva consigo a necesaria modificación do PXOM.

 

Para consultalo lo acordo plenario de aprobación inicial de 27.03.2025 -pinche aquí-.

No enlace que se achega pode descargalo documento completo da Modificación.