Asset Publisher

Back Servizo de axuda no fogar

Conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, polivalente e público. O contido das atencións que compoñen o servizo e único e integral. Atención de carácter persoal, de carácter doméstico e de carácter socioeducativo.A temporalidade e a intensidade das atencións varían en función das situación de limitación da autonomía persoal ou da dependencia.

Destinatarios:

  • Persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal e que presenten dificultades para realizar determinadas tarefas de carácter persoal ou domestico.  
  • Persoas con discapacidade física , psíquica ou sensorial , que afecte significativamente  a súa autonomía persoal, que viven solos ou non poden ser atendidos polas súas familias.
  • Familias con especial dificultade de atención a menores debido a carencia de hábitos para un bo funcionamento da vida cotiá , carencia de apoios da familia extensa , ou problemas no desenvolvemento da estrutura e dinámica familiar, dando prioridade a familias con menores de 12 anos.
  • Outras persoas ou familias que se encontren en situacións non específicamente contempladas nos grupos anteriores pero que sofren unha crise de carácter temporal.

Documentación:

  • Fotocopia do D.N.I, NIF, PASAPORTE (ou N.I.E no caso de persoas estranxeiras), da persoa solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica .
  • Fotocopia do libro de familia  si hai menores.
  • Copia da sentenza de incapacitación  xudicial, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante
  • No caso de afiliación diferente a seguridade social , xustificante da mutualidade correspondente que acredite  a denegación do servizo solicitado.
  • Informe médico sobre o estado de saúde , tratamento médico prescrito , existencia de alerxias alimentarias , dieta, etc. Expedido polo facultativo da sanidade publica.
  • Certificado de recoñecemento do grado e nivel de dependencia ou certificado de discapacidade da persoa solicitante.
  • Documentación  acreditativa de ingresos :
  • Certificado de pensión ( expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións  nominais do solicitante  e membros da unidade de convivencia computables para os efectos da capacidade económica.
  • Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo desta expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos do cálculo da capacidade económica. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello de Oleiros para realizar as comprobacións oportunas.
  • Certificado do patrimonio emitido pola Consellería de Facenda da persoa solicitante e de todos os membros computables  da unidade de convivencia.
  • No caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos acompañada de certificado negativo expedido pola Axencia Tributaria.

Como realizar o trámite?

Previa solicitude de cita ca Traballadora social de Atención Primaria do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Custos: Prezos públicos fixados pola Xunta de Goberno Local.

Impresos relacionados: