Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O Concello organiza numerosas actividades polo 25-N

Un ano máis, o Concello de Oleiros pon en marcha accións de sensibilización no marco da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Se ben é certo que o traballo é continuado, -pois tan só así se pode ter un impacto real a nivel social- as datas sinaladas son palestras de visibilidade, desde as que a sensibilización e a concienciación chegan a un maior número de persoas, e completan os labores que se realizan o resto do ano.  

Deste xeito, estanse a representara nos CEIPs municipais Luís Seoane,  Isidro Parga Pondal, Juana de Vega e Rabadeira, o conta contos ‘Ámome’, arredor da conquista histórica de dereitos e liberdades das mulleres, así como diferentes vivencias arredor das violencias machistas. Tamén ata o 5 de decembro, traballarase directamente co alumnado nos IES e CEIPs municipais, a través da instalación de Puntos Violeta e do desenvolvemento de obradoiros arredor das diferentes manifestacións das violencias machistas, pois tan só con concienciación, educación e prevención de base poderemos rematar coa lacra das violencias. 

Pola súa parte, os establecementos, asociacións e demais entidades do tecido empresarial e asociativo, poderán recoller o distintivo ‘En pé contra a violencia de xénero’ na Concellería de Servizos Sociais e Igualdade (R/ Camilo Díaz Baliño s/n), ou en Villa Echeverry (Avda. Ernesto Che Guevara, 45). Trátase dunha iniciativa que busca unha colaboración directa coas empresas e asociacións presentes no municipio, co obxectivo de implicalas na loita contra o machismo e a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Tamén se pode solicitar a versión web. 

O 23 de novembro, o Concello de Oleiros participará na andaina ‘As Mariñas din NON á violencia de xénero’, organizada polo Plan Coordinados de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, que este ano desenvolverase no Concello de Bergondo. A saída realizarase desde o Polideportivo de Guísamo (C/ Cambre, 1, 15640) ás 11h, cun percorrido circular duns 5km. 

O propio 25 de novembro, procederase á iluminación do Castelo de Santa Cruz en cor violeta, co que se busca darlle visibilidade a dita data de conmemoración tan fundamental.

O 26 de novembro, no Centro de Formación Issac Díaz Pardo, desenvolverase un novo obradoiro dentro do programa ‘Coñecerse é vivirse’, co cal se busca que as mulleres aumenten o auto-coñecemento arredor do propio corpo ao tempo que se desenvolven ferramentas dirixidas a acadar un estilo de vida máis positivo, consciente e saudable. O período de inscrición para participar en dita actividade está aberto ata o xoves 21, a través da páxina web municipal. 

Ademais este ano, desde o marco de traballo que se mantén coa cidadanía como axente estratéxico e activo na loita contra todas as formas das violencias machistas, este ano será o alumnado de 6º de primaria do CEIP Rabadeira quen elaborará e lerá o 28 de novembro, durante o Pleno Municipal, o manifesto conmemorativo do 25N. 

O 15 de xaneiro representarase, tamén, a obra de teatro ‘Golpes’ co alumnado dos IES, a través da cal se aborda a violencia de xénero contextualizada nas vivencias dunha adolescente. 

back link