Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O Concello organiza un obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina a partir dos 50 anos

O luns abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina a partir dos 50 anos, que forman parte do programa municipal Coñecerse é vivirse. A través deste obradoiro, desenvolveranse ferramentas dirixidas a mellorar as estratexias para un estilo de vida máis positivo e saudable. Para isto, daranse a coñecer os principais aspectos médicos para o coidado da saúde feminina durante a menopausa e post-menopausa e os cambios a nivel físico que se producen coa chegada da mesma, proporcionando ferramentas para abordar estes cambios.  Ao tempo, reflexionarase sobre os imaxinarios sociais e culturais arredor dos corpos das mulleres nestas etapas, desmentindo os mitos, tabús e connotacións negativas que adoitan darse. Todo isto coa finalidade de enriquecer as nosas miradas cara esta etapa e comprender a importancia de tomar as rendas da nosa propia saúde. Ademais, darase resposta ás inquietudes das participantes, reflexionando sobre as súas vivencias e ofrecendo información que sirva como base para a toma de decisións desde a autonomía e o coñecemento.

Este obradoiro está dirixido a mulleres a partir dos 50 anos empadroadas no Concello de Oleiros, e realizarase no Centro Municipal de Formación ‘Isaac Díaz Pardo’ (Rúa Regos 24, Urbanización Os Regos) o martes 26 de novembro, en horario de 19:00 a 21:00 h.  O número de prazas é limitado e, para participar, é necesario realizar a inscrición previa a través da páxina web do Concello, no apartado Participa, na categoría de Actividades Sociais, desde o luns 11 ao xoves 21 de novembro.

Coñecerse é vivirse é un programa no que se desenvolven distintas actividades dirixidas a mulleres, e que ten como finalidade aumentar o auto coñecemento arredor do propio corpo. Nas anteriores edicións do Coñecerse é vivirse, traballouse arredor da menopausa, a sexualidade e o coidado do chan pelviano.

Para obter máis información é posible chamar ao 981 610 000 – extensión 3503 - ou enviar un correo a igualdade@oleiros.org. 
 

back link