Oleiros pertence á Área Metropolitana da Coruña e a súa cultura da mobilidade está moi compartida coa da capital e os concellos limítrofes.
A Estación de Ferrocarril da Coruña (en pouco tempo convertirase en Estación Intermodal) ofrece servizos de Alta Velocidade co centro da península (Ourense, Zamora, Madrid), así como os do ferrocarril do Eixo Atlántico (Santiago, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo) e ao resto de Galicia (Lugo e Monforte).
A Estación de Autobuses da Coruña é unha instalación municipal que ofrece conexións con varios destinos da península.
https://www.coruna.gal/web/gl/detalle/estacion-de-autobuses-da-coruna/entidad/1149055911348
O Aeroporto de Alvedro e en certa medida o de Lavacolla forman parte dun ecosistema modal ao que pertence Oleiros.