Next Generation
DATOS XERÁIS | |
---|---|
Nome da entidade | Concello de Oleiros |
Título do proxecto | RENOVACIÓN E MELLORA DA INFRAESTRUTURA DE PROCESO DE DATOS DO CONCELLO DE OLEIROS |
Línea estratéxica | LÍNEA ESTRATÉXICA 4. INFRAESTRUTURAS DIXITAIS |
Nº de Expediente | 2022/CONTRAT/000165 |
Período de execución do proxecto | 17/11/2022 – 15/12/2023 (O período de execución de referencia vai dende a data de publicación do anuncio de licitación até a data de pago da última factura do proxecto) |
Importe concedido | 252.944,42 € |
DENOMINACIÓN DE PROXECTO E LÍÑA ESTRATÉXICA DAS ACTUACIÓNS | |
Denominación do proxecto | "RENOVACIÓN E MELLORA DA INFRAESTRUTURA DO PROCESO DE DATOS DO CONCELLO DE OLEIROS" |
Línea estratéxica das actuacións | LÍNEA ESTRATÉXICA 4. INFRAESTRUTURAS DIXITAIS |
A infraestrutura do CPD do Concello tiña unha antigüidade de máis de 10 anos e tras un crecemento dos datos almacenados no CPD detectouse a necesidade de modernizala e poder dar solución e facer fronte ao crecente volume e sofisticación dos datos en continua expansión, de aí a solicitude de axuda para a execución de este proxecto “RENOVACIÓN E MELLORA DA INFRAESTRUTURA DE PROCESO DE DATOS DO CONCELLO DE OLEIROS” no marco do compoñente 11, investimento 3 do PRTR.
Antes da execución do proxecto, no Concello de Oleiros, a xestión e coordinación eficiente dos datos era difícil de garantir xa que non se dispoñía dun sistema acorde ás necesidades. Necesitábase un sistema que permitise unha plena dispoñibilidade, maior capacidade e que fose adaptable ás necesidades de cada momento, o que contribuiría a desenvolver tanto a conectividade dixital como a economía do dato. Cabe destacar que, no referente ao consumo enerxético do CPD, tamén se detectou unha xestión deste pouco eficiente, xa que os consumos de enerxía eran moi elevados debido á obsolescencia dos sistemas. Neste sentido, a finalidade principal do proxecto era a renovación e mellora da infraestrutura dos datos do Concello, para avanzar cara a un CPD sostible. Esta renovación supuxo a modernización e mellora da dispoñibilidade, seguridade e capacidade de almacenamento e procesamento da infraestrutura de proceso dos datos, tivo o reto de localizar e implantar solucións sostibles que achegasen unha maior eficacia e eficiencia a través da optimización dos procesos de xestión e provisión.
Realizouse a renovación e mellora da infraestrutura de proceso de datos do Concello de Oleiros,
cumprindo coa finalidade de adoptar unha solución de infraestrutura de Centro de Proceso de Datos (CPD) máis sostible. Contemplouse a migración total da infraestrutura da que dispoñía o Concello a unha nova solución que achegou maior eficacia e eficiencia a través da optimización dos procesos de xestión e provisión. Substituíuse o sistema de backup preexistente por outro que permite optimizar significativamente os tempos de funcionamento e xestión das copias de seguridade e, en consecuencia, dos tempos investidos nas actuacións de recuperación da información. Tamén se renovou a Agrupación industrial para permitir un alto rendemento e garantir a robustez, estabilidade e axilidade da base de datos corporativa.