Atrás “PETEIRO “

O 6 de xuño o Concello de Oleiros ten prevista unha visita guiada en horario de tarde á exposición sobre a obra de Jorge Peteiro, artista coruñés finado en 2013,. comisariada por Pedro Vasco Conde e por Beatriz García Trillo, artista e viuva de Peteiro.

A mostra, presente no Kiosco alfonso de A Coruña, inclúe 94 obras de 21 entidades públicas, privadas e prestadores individuais, que permiten entrar no coñecemento do seu pensamento e sentimento artístico.

“Mi pintura, es la alegría de vivir, la de los factores positivos de la existencia. Es una apuesta por la vida y por la inocencia.” Jorge Peteiro.

Inscricións a partir do 30 de maio ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, ou persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas

As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición, para maiores de idade e con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A inscrición inclúe o desprazamento obrigatorio en autobús e a visita guiada no museo.