Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico formados por un equipo experto de profesionais na materia.
No seu compromiso co prevención e actuación fronte ás violencias machistas, desde o Concello de Oleiros instálanse Puntos Violeta ao longo de todo o verán nos festexos e celebracións nocturnas nas diferentes parroquias, dándolle continuidade á campaña «Non faltes á festa, pero de festa non faltes. Por unhas festas libres de violencias machistas».
Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade.
Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre todas as formas das violencias machistas e sobre os recursos e servizos especializados de atención, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.
Achégate a un Punto Violeta! Desde alí responderán a todas as túas dúbidas en materia de xénero, igualdade, diversidade e violencias machistas.
Porque de festa, non todo vale. Por unhas festas libres de violencias machistas!
Para máis información, contacta connosco nos teléfonos 981 610 000 (Ext. 3112 | 3118 | 3601) e 604 025 160, ou a través dos correos igualdadeoleiros@gmail.com e igualdade@oleiros.org.