Programación
- Descripción: Programación Cultural Oleiros / febreiro - abril 2025
AUDITORIO A FÁBRICA
Dirección: Rúa do Inglés 13 - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa)
Data: 10/05/2025 - 20.30 horas
As entradas deste evento estarán dispoñibles a partir das 12.00 do 04/05/2025
- Descripción: O Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas chega ao Concello de Oleiros por oitava edición consecutiva. A muller creadora como protagonista en concertos que deixan grandes sensacións ano tras ano. Elas Son Artistas regresa a Oleiros coa primeira actuación musical do Ciclo Metropolitano pola igualdade na Musica e nas Artes de 2025. O dúo madrileño Las Nietas del Charli serán as protagonistas o sábado 10 de maio no Auditorio da Fábrica . Las Nietas del Charli son as irmás María e Raquel Rubio. O seu último lanzamento é Un hogar, unha emotiva canción que da voz a unha iniciativa enfocada na recuperación da memoria, a resistencia ao modelo neoliberal e o fortalecemento dos lazos comunitarios. O lanzamento chega nun momento clave para o dúo que están consolidando a súa presenza na escena do folk alternativo tras a publicación do seu EP debut Faro. Ao longo do último ano teñen percorrido o país cunha xira que na que colgaron o «entradas agotadas» en numerosas cidades.
Este espectáculo é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestionamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. A través das experiencias de seis corpos moi diversos atopámonos coa superficialidade da identidade, cunha busca dunha esencia que nunca se pode atrapar. As dinámicas xeradas entre estas seis intérpretes, mergullan o espectador nun tránsito entre corpos baleiros e corpos que aluden á intuición, á transcendencia, á ilusión, e que procuran máis aló da súa propia carne.
Nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades
extraordinarias, pero coas limitacións de ser mortais, mazables e imperfectos. Unha tentativa de habitar un corpo cru, doente, limitante pero un corpo capaz de amar, sacrificar ou soñar máis aló.
É difícil fotografar o baleiro é un mundo plástico que por momentos lévanos a ver a música a través dunha masa de corpos, e por momentos atopámonos mergulladas na intimidade do individuo, no seu baleiro.
A potencia de seis corpos entregados á escena na procura dunha identidade colectiva, dunha identidade propia, dunha esencia que parece imposible de alcanzar. Unha falta de identificación, unha colectividade a partir do único que queda, o corpo. Unha busca do baleiro como centro de todas as cousas.
- Descripción: DANZA. REDE AGADIC 1º SEMESTRE 2025 Conmemoración do 29 de abril, Día Internacional da Danza Autoría: Colectivo D'Elas Dirección: Julia Laport Rivas Elenco: Martín Sanjurjo, Eloi García, Noelia Mato, Andrea Castro, Iria Casal e Myriam González Xénero: danza contemporánea Duración: 60 min
- Fecha del evento: 26/04/2025
- Lugar de celebración: Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
- Horario: 20:30 horas