Destinatarios:
Todas aquelas persoas extranxeiras non comunitarias, veciñas do Concello de Oleiros, que precisen do dito informe para achegar xunto coa solicitude de autorización de residencia por arraigo.
Documentación:
No momento da entrevista que ten lugar na visita domiciliaria que realice o traballador/a social do Concello de Oleiros, deberá amosar a documentación que acredite a súa identidade, a súa residencia en España os tres anos anteriores á solicitude, a documentación sanitaria, a documentación relacionada coa vivienda na que reside, así como outras relacionadas co obxeto do informe e que se lle solicite.
Como realizar o trámite?
As persoas interesadas poderán solicitalo directamente no Rexistro Municipal do Concello de Oleiros, en horario de 08:30 ás 13:00 horas de luns a venres, a través do modelo de instancia normalizado.
Posteriormente o/a traballador/a social se poñerá en contacto telefónico coa persoa interesada para realizar a visita domiciliaria e manter unha entrevista no seu propio domicilio.
Finalmente, no prazo duns días, a persoa interesada poderá pasar a recollelo persoalmente ás oficinas municipais de Benestar Social ou ben se lle enviará por correo ordinario se así o solicita.
Custos:
Segundo os recursos solicitados se aplicarán os baremos establecidos.
Impresos relacionados: