NOVASJuani Ruiz, cooperante sanitaria detida ilegalmente por Israel, visita o Concello de OleirosJuani Ruiz, cooperante española en Palestina e detida ilegalmente por Israel, foi recibida esta mañá na Casa do Concello polo alcalde, Ángel García Seoane. Ademais de agradecer o apoio prestado polo Goberno municipal de Oleiros pola campaña realizada na súa defensa, no encontro falouse sobre a experiencia que sufriu no cárcere israelí e a actual situación que se vive en Palestina. Novo envío de material escolar para GuatemalaO Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios Luís Seoane e A Rabadeira. Celebrado o 69 aniversario dos asaltos aos cuarteis Moncada e Céspedes de Cuba no parque José MartíO parque José Martí acolleu o acto de conmemoración do 69 aniversario dos asaltos aos cuarteis Moncada e Céspedes. O acto foi organizado polo Consulado de Cuba e contou coa participación da Asociación de Amistad Galego-Cubana Francisco Villamil, a Asociación Cultural José Martí, o goberno municipal e numerosos cidadáns. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario O pleno de Oleiros demanda que o Goberno central rectifique a súa decisión sobre o Sahara |
|