Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Inicio inminente das obras do Castelo, Salvador Allende e do novo parque infantil de Nós

Nos próximos días darán comezo diversas obras no municipio, que tal e como establece a lexislación non podían iniciarse malia estar contratadas ata a incorporación de remanentes. Os contratos quedaron asinados esta semana e en total suman 547.198,86 euros.

Os días 20, 21 e 22 celébrase a 1ª Feira do Automóbil de Perillo

Os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio as empresas da automoción de Perillo organizan a 1ª Feira do Automóbil. Os disitntos concesionarios situados na N-VI ofrecen diversas ofertas e promocións especiais.

O SERGAS realizará un cribado de covid en Santa Cruz esta fin de semana

A Consellería de Sanidade notificoulle ao Concello de Oleiros que este sábado e domingo 15 e 16 de maio realizará un cribado de covid entre veciños e veciñas adscritos ao Centro de Saúde de Santa Cruz. Serán citados vía SMS polo SERGAS unhas 4.300 persoas de entre 20 e 49 anos.

O Concello e as entidades sociais de Oleiros solicitan a medalla Emilia Pardo Bazán para Esther Pita

O Concello de Oleiros e 28 entidades sociais, culturais e deportivas do municipio solicitaron á Xunta de Galicia a concesión da Medalla Emilia Pardo Bazán a título póstumo a Esther Pita, en recoñecemento ás numerosas accións relevantes que levou a cabo ao longo da súa vida en prol da igualdade entre mulleres e homes. Esther Pita Pita foi alcaldesa de Oleiros entre os anos 1996 e 2003 e concelleira municipal desde o ano 1979 ata o 2003.

O domingo pecha o prazo de inscrición para un curso de lingua de signos

O vindeiro domingo 16 de maio finaliza o prazo de inscrición no curso de iniciación á lingua de signos. Esta actividade desenvolverase na Casa da Mocidade das Pedras os días 21, 22, 28 e 29 de maio 16.00 ás 21.00 horas e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval terán bandeira azul este verán

Oleiros segue a ter areais dotados de numerosos servizos de calidade. Por iso, as praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro recibiron un ano máis a Bandeira Azul para este verán.

O Concello organiza unha visita teatralizada pola pegada de Emilia Pardo Bazán en Santa Cruz

Co fin de dar visibilidade á pegada de Emilia Pardo Bazán en Oleiros xorde esta actividade. Unha visita diferente na que se mestura a pintura, a narración, o teatro e a danza conectando dous puntos da localidade de Santa Cruz: o mural dedicado á escritora e o Castelo de Santa Cruz que foi residencia de verán da familia da escritora.

A obra Rosalía chega a Mera esta fin de semana

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros programou para o vindeiro 16 de maio, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a obra Rosalía. Un espectáculo para as familias a través do que se fai un achegamento á vida e obra de Rosalía de Castro.

A poeta Yolanda Castaño ofrece unha charla sobre Xela Arias o xoves

O teatro das Torres de Santa Cruz acolle este xoves 13 de maio, ás 20:00 horas, unha conferencia de Yolanda Castaño sobre a vida de Xela Arias. A poeta mostrará como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man...

O luns abre o prazo de preinscrición nas actividades de verán do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros oferta unha ampla variedade de actividades dirixidas a nenos, nenas e mocidade para os meses de verán. As persoas interesadas en participar poderán realizar as preiscricións a través da web municipal, accedendo á Sede Electrónica, entre os días 10 e 17 de maio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza