Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
javax.portlet.title.56

javax.portlet.title.56

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Prestacións de apoio á escolarización para o curso 2020/2021 do Concello de Oleiros

 O Concello de Oleiros, seguirá a prestar axuda para a cubrir as dificultades económicas que presenta o inicio dun novo curso escolar: merca de libros, material escolar, roupa, soportes informáticos.

Como non podía ser doutra forma, especialmente este ano despois da pandemia do Covid-19 e as circunstancias sociais, familiares, económicas,… derivadas da mesma.
O goberno municipal tomou a decisión que para o curso 2020/2021 o que ata o de agora eran as prestacións de apoio á escolarización pasan a ser cubertas a través de axudas de Emerxencia Social. Con este cambio preténdese axudar a aquelas familias cunha peor situación económica, atendendo de forma personalizada e individualizada cada situación, conseguindo desta forma complementar as axudas doutras administracións e non duplicalas.
O modelo de solicitude, poderá descargarse na páxina web do Concello na seguinte ligazón https://bit.ly/31xNNtv e tamén recollela persoalmente nas dependencias do departamento de Servizos Sociais e Igualdade.
Unha vez resolta a solicitude, a axuda será entregada a través de transferencia bancaria ou en cheque nominativo, co compromiso de aportar a xustificación de que a axuda foi destinada para o fin para o que foi concedida
Para calquera información poden acudir as oficinas do Departamento de Servizos Sociais e Igualdade ou chamar a través do teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza