Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Ballet da Escola Municipal de Danza actúa o venres no Auditorio Gabriel García Márquez

O Ballet do Centro Municipal de Artes Escénicas de Oleiros representará o espectáculo "Alice" este venres 25 de xuño, ás 20 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez.

A Banda da Escola Municipal de Música actúa o sábado no Parque As Trece Rosas

A Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 26 de xuño, ás 20 horas, no parque As Trece Rosas, na zona da estatua.

O Concello oferta rutas guiadas polo Monumento Natural

A partir deste sábado e durante os meses de xullo, agosto e setembro o Concello de Oleiros oferta rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en apuntarse deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154.

O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento de Ricardo Gómez

O fundador do Club de Leons de Oleiros, Ricardo Gómez Pico, traballou durante décadas axudando ás persoas máis desfavorecidas, colaborando tamén en diversos programas de cooperación desenvolvidos polo Concello. A súa perda deixará un grande baleiro no ámbito social do municipio e de toda a comarca da Coruña.

As piscinas municipais ofrecen matrícula e mensualidade gratuíta

Os complexos deportivos municipais de Perillo, Oleiros e Dorneda ofrecen matrícula e mensualidade gratuíta para todas aquelas persoas que se dean de alta no mes de xuño. As instalacións contan cun estrito protocolo sanitario que garante a total seguridade das distintas actividades deportivas.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de xullo

Mañá abre o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de xullo que se desenvolve nas casas da mocidade. Están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

O Concello inicia unha campaña para denunciar a lentitude do Ministerio en Sol y Mar e esixir a ampliación da Pasaxe

O Concello de Oleiros solicita a toda a cidadanía da comarca da Coruña que participe na campaña iniciada na plataforma change.org para esixir ao ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que ordene á empresa adxudicataria da obra de Sol y Mar dobrar quendas de traballo e acelerar o ritmo de construción para reducir os tempos de execución.

As empresas e autónomos que contraten alumnado do Obradoiro de Emprego recibirán subvencións

O Obradoiro Dual de Emprego "Restauración de Zonas Verdes Municipais" está a formar persoas que se atopaban en situación de desemprego nos oficios de xardinería e albanelería. Aquelas empresas ou autónomos que contraten algunhas destas persoas por un mínimo de 3 meses recibirán unha subvención de 1.500 euros.

A Banda Municipal actúa o sábado na polideportiva de San Pedro de Nós

A Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 19 de xuño, ás 12:00 horas, na polideportiva que se atopa xunto á casa do pobo de San Pedro de Nós. Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

O alcalde demanda á Deputación a limpeza das beirarrúas da avenida Emilia Pardo Bazán

Ante o lamentable estado de conservación das beirarrúas da estrada provincial que vai de Santa Cruz a Meirás, o alcalde demandou na Deputación da Coruña a súa urxente limpeza. Neste momento, parte das beirarrúas atópanse intransitables.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza