Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

Renovación do pavimento en diversas pistas polideportivas do municipio

Para continuar fomentando a práctica deportiva ao aire libre, o Concello renovará os pavimentos das pistas de tenis do Hábitat en Perillo e de Bastiagueiro, así como a polideportiva Cova dos Bois. Este tipo de traballos realízanse para conservar nas mellores condicións de uso as instalacións deportivas públicas.

O documental sobre a poeta Luz Fandiño proxéctase o venres na Fábrica

A proxección de A poeta analfabeta está programada para as 20:30 horas o venres día 20 de maio, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que se entregará desde unha hora antes no propio auditorio.

Poesía e música este xoves nas Torres de Santa Cruz

As poetas Lucía Aldao e María Lado reflexionarán sobre a situación actual da lingua galega e do seu futuro, o xoves ás 20:30 nas Torres de Santa Cruz. O espectáculo combina poesía, música en directo, xogos co público e improvisación.

O Concello contratará a construción do paseo fluvial do rego de San Pedro

O Concello iniciará nos próximos días os trámites para a contratación da obra de construción do paseo fluvial do rego de San Pedro, que irá desde Iñás ata o Seixal e terá unha extensión de máis 4 km. Esta actuación de protección do medio ambiente e de mellora da mobilidade peonil e ciclista ten un custo de 2,2 millóns de euros e financiarase entre o presente exercicio e o próximo.

Charla sobre a historia das telleiras de Oleiros o mércores nas Torres de Santa Cruz

O mércores 18 de maio, as 20:00 horas, realizarase un coloquio nas Torres de Santa Cruz sobre a relación de Oleiros coas fábricas de tella e ladrillo ao longo da historia.

O punto limpo móbil desprazarase por todas as parroquias

Nas próximas semanas o punto limpo móbil estará nas diferentes parroquias do municipio. Comezará por Dexo o vindeiro luns 16, ata o venres 20, e situarase na Casa do pobo.

Campaña de denuncia dos problemas de seguridade viaria en estradas autonómicas de Oleiros

O Concello iniciou unha campaña informativa para denunciar os problemas de seguridade viaria existentes en diversos puntos de estradas autonómicas de Oleiros, que a Xunta négase a solucionar. É o caso, entre outras, da urxente necesidade de creación de beirarrúas na avenida Isaac Díaz Pardo, do pintado de pasos de peóns na avenida República Arxentina en zonas como O Couto ou Breixo, ou da mellora e ampliación das beirarrúas entre a Igrexa de Serantes e O Cubo, en Mera.

O mércores abre o prazo de inscrición para as rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre

Os veciños e veciñas maiores de 60 anos interesados en participar nas rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre poden inscribirse a través da sede electrónica da web municipal desde o vindeiro mércores 18 de maio. Aquelas persoas con dificultade para acceder á inscrición en liña poden dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

Salvador De Souza presentará o seu libro sobre coctelería na Fábrica

O auditorio da Fábrica acolle o vindeiro mércores día 18 de maio, ás 20:30 horas, a presentación do libro Cócteles para vivir y soñar de Salvador De Souza Iglesias. Ademais do propio autor, na presentación intervirá Manuel Arias, da coctelería El pirata, e actuará o músico Jaime Faraldo.

Teatro comprometido coa lingua para celebrar o Día das Letras no Gabriel García Márquez de Mera

Dentro da ampla programación do Concello de Oleiros con motivo do Día das Letras Galegas, precisamente o martes 17 de maio vai representarse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera -20:00 horas- a obra de teatro A parábola do angazo, da compañía Talía Teatro. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco desta obra dirixida por Diego Rey.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza