Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Costas non autoriza o concerto previsto na praia de Santa Cristina

Os concertos que ían celebrarse no mes de agosto na praia de Santa Cristina non poderán realizarse debido a que a Demarcación de Costas do Estado non autoriza esta actividade. O Concello de Oleiros emitiu un informe favorable pero Costas denegoulle a solicitude á empresa que ía organizar o evento.

O Concello reparte 17.000 kg de alimentos entre familias en situación vulnerabilidade

O Concello de Oleiros procederá ao reparto de 17.000 kg de alimentos procedentes da Unión Europea entre 357 familias do municipio que neste momento se atopan en situación de emerxencia social.

Teatro na Casa da Mocidade das Pedras

Teatro na Casa da Mocidade das Pedras

Este venres 18 de xuño ás 20:30 horas na Casa da Mocidade das Pedras o grupo Tres Arroutadas representa tres breves pezas teatrais repletas de humor, no que se presentarán tres universos dos que o público será partícipe do mundo máxico cargado de realismo que nutre estas tres comedias.

O Concello licita o proxecto para o multiusos de Bastiagueiro

O Concello de Oleiros sacou a contratación a redacción do proxecto para a construción dun edificio multiusos para actividades deportivas e culturais en Bastiagueiro, nos terreos de propiedade municipal que hai na zona do estadio do INEF e da pista de skate.

Retómase o servizo ata Santa Cristina do bus urbano da Coruña 1-A

Igual que o pasado verán, a liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 20 minutos en ambos sentidos.

O martes comeza o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Oleiros

Un total de 43 persoas garantirán a seguridade nas praias do Concello de Oleiros. O servizo de salvamento e socorrismo estará en funcionamento desde o vindeiro martes 15 de xuño ata o día 15 de setembro.

A Big Band da Escola Municipal actúa o sábado no parque José Martí

A Big Band da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 12 de xuño, ás 20:00 horas, no parque José Martí.

O Concello organiza unha ruta de sendeirismo de Lariño a Muros

O vindeiro sábado 19 de xuño continúa o programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza coa ruta de Lariño a Muros por Monte Louro e Lagoa de Xerfas. Este programa está destinado a promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Aberto o prazo para solicitar permiso para facer fogueiras de San Xoán

O Concello de Oleiros abriu o prazo de solicitude de autorización para realizar fogueiras a noite de San Xoán. Debido á situación sanitaria non se permitirán laradas nas praias nin tampouco sobre o asfalto, nin en zonas verdes municipais.

Aceptadas as alegacións presentadas polo Concello de Oleiros aos estatutos da Mancomunidade

Na xuntanza de alcaldes celebrada no día de hoxe informouse que foron aceptadas as alegacións presentadas polo Concello de Oleiros aos estatutos da Mancomunidade. Desta maneira, os concellos de Bergondo, Betanzos, Sada, Oleiros, Carral, Cambre, Culleredo e Abegondo recibirán o documento definitivo de estatutos para aprobalo nos correspondentes plenos municipais nun prazo de dous meses.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza