Obradoiro de marmoreado - 1ª quenda

As posibilidades decorativas que ofrece a olería son enormes e neste obradoiro propoñemos explorar unha técnica decorativa diferente: o «marmoreado». Consiste en mesturar barros de cores diferentes para xerar patróns semellantes aos do mármore.Cada participante confeccionará unha peza sinxela empregando esta técnica decorativa coa axuda da ceramista Isabel Gómez.