Obradoiro de San Martiño: 2ª quenda

O San Martiño foi unha das festividades máis importantes dentro da tradición popular galega porque coincidía co momento da matanza do porco. Na colección do Museo Os Oleiros conservamos moitas pezas deseñadas para ser empregadas nesta festividade e para esta actividade seleccionamos unha para que os participantes a poidan recrear. Nesta ocasión traballarase na confección dun peto con forma de cocho.