Podes consultar os relatos gañadores do X Premio Literario Descubrindo Oleiros.
Na primeira categoría, na que participaron 66 nenos e nenas, resultou gañadora Mar Pérez Noriega, de 4º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo seu relato O rato Nuno. Nesta categoría, outórgase tamén un accésit a Pedro Vilela Quintela, de 3º de primaria do CEIP A Rabadeira, polo texto A buxaina viaxeira.
Na segunda categoría, presentaron os seus relatos 100 alumnos e alumnas, e o xurado decidiu que pola súa orixinalidade fose a gañadora Laura Barros Sanguino, de 5º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo seu relato Rosas , outórgase tamén un accésit a Kamila Castrillo García, de 5º de primaria do CEIP Luis Seoane, quen presentou o conto Os nenos do Golfiño.
Na terceira categoría, presentáronse 20 textos e resultou gañadora Alba Caridad Castro, de 1º de ESO do IES Neira Vilas, polo relato Branco. Peixe voador de sete patas.
Na cuarta categoría, presentaron os seus textos 11 persoas e resultou premiada Tariqua Brandón Rey, de 4º de ESO do IES Neira Vilas, polo texto As meigas de Ibarrola. A casa dos suspiros.
Na quinta categoría, presentaron os seus textos 13 alumnos e alumnas de bacharelato e resultou gañador Ignacio Márquez Ricoy, de 1º de bacharelato do IES Miraflores, quen presentou o relato Amigos.
E na sexta categoría, de persoas adultas, presentáronse 5 textos e gañou De camiño á igrexa, de Raquel Ríos Vázquez.